jueves, 19 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS POLO NADAL 2013



CONTACONTOS SOBRE A HISTORIA DO APALPADOR

Onte viñeron a contarnos a historia do apalpador. Estivemos na biblioteca  todos oa alumnos de educación infantil . Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre esta personaxe de nadal.


jueves, 5 de diciembre de 2013

XOGA COS PERSONAXES DOS CÓMICS

XOGA COS PERSONAXES DOS CÓMICS.
FAI CLICK EN XOGOS.


 XOGOS



CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013


CONCURSO DETECTILEO -MES DE DECEMBRO

Axuda a LEO atopar os renos de Papá Noel. Resolve o seguinte laberinto

lunes, 18 de noviembre de 2013

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado día 12 de Novembro, coincidindo ca festa do magosto, levamos a cabo unha xornada de portas abertas para coñecer entre outras instalacións a nosa biblioteca.
Tedes máis imaxes e videos na web do cole , no apartado de festas, magosto.

viernes, 8 de noviembre de 2013

2º CONCURSO DETECTILEO

Ola nenos e nenas! Se queredes recolver un novo enigma, aquí vos deixo información que vos pode axudar a resolver a sopa de letras e o nome do cabaleiro a que fai referencia:

http://es.wikipedia.org/wiki/El_Capit%C3%A1n_Trueno

jueves, 24 de octubre de 2013

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe 24 de  Outubro festexamos o día da biblioteca escolar. Aproveitando que o noso  proxecto vai adicado o mundo do cómic, aquí  vos deixamos unha mensaxe do noso amigo Mortadelo.

RECETARIO DE POCIÓNS



Queres ler o libro de pocións feito polo alumnado de 3º?. Preme na imaxe e...Coidado coa maxia!
Libro de poción máxicas de 3º

martes, 22 de octubre de 2013

GAÑADORA DO CONCURSO DETECTILEO

Noraboa a Noemí Quintero de 3º de Educación primaria!
Hoxe pola tarde fixemos o sorteo do mes de outubro. 
A resposta correcta era:  GALIA




Astérix vive  aredor do ano 50 a.C nunca aldea ficticia ó noroeste da Galia, a única parte do país que aínda non foi conquistada por Julio César.
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos aínda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as gornicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”
Esta cita é o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.
O pequeno Astérix, o galo, vive na súa aldea resistindo, cos seus amigos, o dominio romano. Para enfrontaren os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Todos os galos toman a poción menos Obélix, que caeu no pote da beberaxe cando aínda era bebé e por iso posúe de seu unha superforza.

viernes, 18 de octubre de 2013

DECORAMOS A BIBLIOTECA

Un ano máis preparámonos para festexar a data do Samaín. No que queda de mes , leremos contos e relatos  de medo, decoraremos as nosas cabazas e vestirémonos terroríficamente.
Aquí tedes un adianto !

CANTAMOS NO SAMAÍN



                                   CANCIÓN: MAMÁ CABRA


Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.


Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo


XOGAMOS POLO SAMAÍN

O XOGO DE SAMAÍN
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html


 XOGOS PARA INFANTIL DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samainfantil/lim.swf?libro=samainfantil.lim

XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim 




viernes, 27 de septiembre de 2013

EXPOSICIÓN DE CÓMICS

Xa comezamos o noso proxecto anual adicado ó cómic.
A 1ª actividade que estamos a desenvolver é unha exposición de cómics antiguos e novos, grazas a participación das distintas familias do cole.
Aquí podedes votar unha ollada  !

lunes, 16 de septiembre de 2013

BENVIDA Ó CURSO 2013-2014

Ola nenos e nenas;
Xa estamos de volta un curso máis!
Este curso imos traballar dende a biblioteca un proxecto que leva por título :O comic de onte e hoxe
Dende o equipo de biblio e de dinamización  da lingua galega xa estamos traballando nel para  comezar no mes de outubro .
Se queredes participar dende casa podedes traer cómics para facer unha exposición na biblioteca


viernes, 21 de junio de 2013

ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS MÁIS LECTORES

Onte entregamos na biblioteca os dilplomas ós lectores  máis asiduos  do curso 2012-13. Ademais levaron un estupendo  agasallo  para disfrutar nas vacacións de verán. Noraboa  os gañadores !

martes, 7 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Está considerado como o gran dramaturgo galego, autor  de máis de trinta obras teatrais, foi un dos creadores do teatro profesional galego e en galego, motivo polo que a Real Academia Galega  lle adica o día das Letras Galegas deste ano 2013 .

lunes, 29 de abril de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Dende o luns día 22 ata o luns 29 de abril o alumnado de Primaria estivo a gravar nos estudios da nosa Radio Escolar un conto encadeado para conmemorar o Día do Libro.  Escoitade o resultado!

miércoles, 24 de abril de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOS

Polo día do libro , e coma en cursos anteriores , os alumnos de 1º ciclo  de educación primaria visitamos a Biblioteca Pública de Mos .
Alí ,
escolitamos contos narrados por unha contacontos, entre eles un adicado "os avós" . A narración foi acompañada dunha dramatización do conto feita por avós.
Ademáis , percorremos a biblioteca e levamos libros en préstamo .