martes, 22 de octubre de 2013

GAÑADORA DO CONCURSO DETECTILEO

Noraboa a Noemí Quintero de 3º de Educación primaria!
Hoxe pola tarde fixemos o sorteo do mes de outubro. 
A resposta correcta era:  GALIA




Astérix vive  aredor do ano 50 a.C nunca aldea ficticia ó noroeste da Galia, a única parte do país que aínda non foi conquistada por Julio César.
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos aínda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as gornicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”
Esta cita é o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.
O pequeno Astérix, o galo, vive na súa aldea resistindo, cos seus amigos, o dominio romano. Para enfrontaren os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Todos os galos toman a poción menos Obélix, que caeu no pote da beberaxe cando aínda era bebé e por iso posúe de seu unha superforza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario