jueves, 28 de marzo de 2019

VISITA ÁNXO FARIÑA

O venres pasado 22 de Marzo tivemos a gran sorte de contar ca presenza do escritor Ánxo Fariña, autor do libro que estamos a ler no club lector de 6º :" A chave da Atlántida".
Fixemoslle unha entrevista na nosa radio escolar e despois, puidemos compartir con el ideas interesantes sobre o seu libro.Se queredes escoitar o programa de radio podedes premer no enlace ou visitar o blog da radio:http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/audioradio/20182019/programasradio.htm


PROXECTO: MULTICINES MESTRE VALVERDE MAYO

O longo do 2º e 3º trimestre levaremos a cabo o proxecto elixido para este ano sobre : "O cine"
Para comezar faremos unha exposición de fondos e de  materiais sobre a temática .Ademáis temos preparada unha carteleira especial na que Leo, Gale ,Porfi e Amodiño son as protagonistas das películas. Non vos perdades a taquilla e estade moi atentos as actividades plantexadas.
 


miércoles, 13 de marzo de 2019