jueves, 22 de abril de 2010

SAÍDA A BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOS















O pasado venres 16 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos a Bibliotec Pública de Mos. Pasámolo moi ben escoitando a historia que a contacontos nos tiña preparado. O sair, levamos unha rica sorpresa, caramelos, sinaladores e un lápis. Fixemos o carné de socio/a e levamos contos de préstamo.





viernes, 16 de abril de 2010

Día do libro



INTRODUCIÓN

O 23 de Abril celébrase o Dia Mundial do Libro .Esta festividade conmemórase dende o ano 1926. A costume de adicar ese día a festa do libro foise extendendo dende España ata outros países. E foi no ano 1964 cando queda instituído oficialmente o día 23 de Abril como Día internacional do Libro

ACTIVIDADES

Dende a Biblioteca do C.E.I.P Mestre Valverde propoñemos para festexar este día as seguintes actividades.

CAZA DO TESOURO
EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS
FEIRA DO LIBRO NA BIBLIOTECA


 CAZA DO TESOURO
Cas seguintes preguntas vas descubrir por qué celébrase este día. Segue as pistas… e resolverás o encrucillado.
 1.-Qué propósito ten festexar o Día do Libro?.
 2.-Por que celébrase ese día e non outro?
 3.-Qué tres escritores falecen nese mismo día?

Agora imos investigar un pouco sobre a vida de Cervantes:

 4.-Escribe o seu nome completo, lugar, ano de nacemento e de morte.
 5.-Por qué se chamou o “ Manco de Lepanto”?.
 6.-Cal é o nome da súa obra máis coñecida?
 As palabras coas que comeza “El Quijote” son coñecidas mundialmente. Sabes cales son?

Imos investigar un pouco máis sobre outro gran escritor chamado William Shakespeare. Agora xa sabes que morreu dez días despóis de Cervantes.
 Onde e cando naceu?
 Escribe o nome de tres das súas obras máis famosas.

ENLACES
As Respostas as preguntas poderás atopalas nos seguintes enlaces
-Wikipedia
-Día del libro
-Enciclopedia
Envíanos as tuas respostas a: bibliotecamestrevalverdemayo@gmail.com ou introduceas no buzón que atoparás na biblioteca. Entre todos/as participantes sortearemos un bonito agasallo.



 MARCAPÁXINAS.

-Educación Primaria: Crea o teu propio sinalador de libros. Unha vez rematado entregao o teu/túa titor/a ou a coordinadora da biblioteca. Entre todos faremos unha exposición o día 23 de Abril.

-Educación Infantil levará a cabo un MARCAPÁXINAS da mascota da biblioteca LEO *. Tamén o alumnado de 1º, 2º e 3º ciclo de primaria podedes descargalos , imprimilos e colorealos nas vosas casas acediendo dende a páxina web do centro no apartado da biblioteca

 FEIRA DO LIBRO
-O Venres 23 imos visitar a biblioteca durante o recreo . Alí haberá unha exposición de libros que poderedes levar as vosas casas e disfrutar da súa lectura en familia.

A coordinadora da biblioteca