lunes, 17 de diciembre de 2012

Lecturas para o Nadal

Aquí tedes unhas recomendacións para ler no Nadal. Premede na imaxe

HOMENAXEAMOS A CELSO EMILIO FERREIRO

Preme en cada nivel para ver o vídeo


viernes, 14 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO

O mércores 12.12.2012 ás 12:00 horas  tivo lugar no noso cole a lectura en homenaxe a  Celso Emilio Ferreiro. Esta, é tan só unha actividade máis dentro do noso proxecto documental integrado adicado a  este autor, que xa vimos realizando durante todo o 1º  trimestre. Estamos realizando un video das lecturas realizadas en todos os cursos dende infantil a primaria ,e moi  pronto poderedes velo e escoitalo dende este blog. Tamén ,podedes escoitar un programa de radio especial  adicado ó mesmo autor realizado polos alumnos de 3º.Blog da radio do cole /http://www.radioescolarsanguineda.blogspot.com.es/




miércoles, 5 de diciembre de 2012

Os nenos da clase tres anos coñecen a Leo

Hoxe coñecimos a nosa mascota Leo. Ensinóunos moitas cousas da nosa biblioteca: onde están colocados os libros que podemos ler os nenos de infantil, como debemos tratar os libros, como debemos comportarnos na biblioteca,...
Tamén coloreamos o noso novo amigo e aprendimos o seu nome :LEO.
Invitóunos a voltar outro día á biblioteca para aprender moitas máis cousas sobre o maravilloso mundo dos libros.



viernes, 23 de noviembre de 2012

E-BOOKS NA AULA DE 6º

Hoxe foi o primer día que lemos na aula cos E-BOOKS . Empezamos por anotarnos na lista de préstamo para saber  cal vai ser o noso E-BOOK para todo o curso.
A mestra explicóunos as normas de uso , así como as súas intruccións  de  funcionamento.
 Antes de comezar a ler algún título en concreto , estivemos lendo os resumes dalgúns libros para ver cal nos convencía máis.

martes, 20 de noviembre de 2012

20 DE NOVEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

O "día do neno" é unha xornada dedicada aos nenos, na que non só se trata de festexalos, senón tamén de promover os seus dereitos e concienciar ás persoas da importancia destes.
A súa orixe
A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente. Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta. En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente. Aquí tedes un enlace cunha recompilación de actividades, libros, cancións , vídeos de interese ,etc .do C.E.I.P. Víctor Sáenz https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/ 
 

viernes, 16 de noviembre de 2012

GAÑADORES DO 1º PREMIO NO CONCURSO OUFF ESCOLA

Dende a biblioteca queremos dar os nosos parabéns os alumnos de 6º do curso pasado por resultar gañadores no festival de cine internacional celebrado en Ourense entre os días 2 e 11 de Novembro. Tedes no espacio ABALAR da Xunta unha referencia á novae e a a película http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

lunes, 29 de octubre de 2012

A biblioteca segundo o alumnado de 4º

O alumnado de 4º cóntanos que opina da nosa biblioteca con motivo do Día da Biblioteca.

Día da Biblioteca en 2º de Primaria

O alumnado de 2º celebrou o Día da Biblioteca cun conto na nosa biblioteca.






Despois de escoitar e disfrutar co conto da Bruxa Brunilda fixeron uns marabillosos debuxos. Aquí os tedes:

viernes, 26 de octubre de 2012

Celebramos o Día Internacional das Bibliotecas

No noso colexio unímonos o pasado día 24 á celebración do Día Internacional das Bibliotecas. Nesta ocasión presentámosvos a nosa biblioteca, sobre a que realizaron diversas actividades os alumnos e alumnas do noso centro.







martes, 16 de octubre de 2012

OUTUBRO-MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Xa estamos case no Samaín e dende a biblioteca queremos que o pasedes de medo.Tedes moitas lecturas escalofriantes no expositor da entrada e moitas novidades de lecturas na entrada.

jueves, 4 de octubre de 2012

Día Internacional da Tradución

Leo visitou o curso pasado moitos países, e aprendeu gran cantidade de linguas. Agora, con motivo do Día Internacional da Tradución (celebrado o día 30 de setembro), amósanos algunhas delas e danos a benvida á biblioteca.

jueves, 13 de septiembre de 2012

domingo, 17 de junio de 2012

Recomendacións para o verán


O verán  é un excelente momento para que os nenos lean o que máis lles gusta, para aprender cousas novas e divertirse.

Como pai ou nai, hai varias cousas que pode facer para incentivar o seu fillo a ler e fortalecer as súas destrezas de escritura durante as vacacións

Unha lista de consellos  de lectura de verán  poderían ser:
     Tempo para ler Reservar un momento tranquilo do día para ler
     Ter distintos tipos de materiais de lectura na casa (como periódicos, revistas, folletos, etc.) Elementos  divertidos, por exemplo, xogos de palabras,  crucigramas,… ,
     Combatir o aburrimento cos libros .Buscar libros que  sexan interesantes. Estos poden ser libros de ficción, libros de feitos divertidos, libros sobre manualidades, libros para facer  proxectos , libros de cociña ,…
     Ler en voz alta todos os días
     Incentivar  os seus fillos a aprender palabras novas
     Escribir cada día .Ter a man materiais para escribir como papeis , ceras, etc, para que practique a escritura. Escribir cartas, postais  a amigos ou  familiares durante o verán, escribir un diario , redactar contos, poemas,…
     Visitar a  biblioteca pública e buscar programas de lecturas axeitados.

A   bruxa regañadentes
Autora:Tina Meroto. Ilustrador:
Mauricio A.C. Ed. OQO
Había unha vez tres irmáns que
pasaban o día brincando dun
lado para outro. A súa nai dicíalles
que non fosen ao bosque
porque nel vivía unha bruxa
con dentes de ferro...




Ola, ola, la!
Editorial Galaxia
Libro+CD+DVD karaoke
Mamácabre e Gloria Sánchez
Cun hermosos traballo de
cancións nun conto encadeado

E ti que farías por min?.
Marqués e Malta viven na rúa e teñen que bus-car o sustento...
Ed. Xerais









O  meu gato é un poeta”
Autor:Fran Alonso
Edicións Xerais
O libro vai acompañado
dun CD.
Poesía divertida




Xoa
Antonio Yáñez Casal
Il: Rodrigo Chao
Ed: Xerais. Merlín






Colección “PREGUNTA Á Dra. PETEIRO”
sobre os ani-mais, o Planeta terra, o tempo, os bichiños…








A filla do ladrón de bicicletas
AUTORA: Jacobo Fernández Serrano
EDITORIAL: Xerais
Serafina, filla dun ladrón de bicicletas, vive
coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila
mariñeira. A súa máxima aspiración é ser
equilibrista nun circo con Celerífera, a
bicicleta coa que consegue abraiar aos dem
Colección Os Megatoxos
Anxo Fariña
Ed: A Nosa Terra





Las aventuras del joven Einstein.
Edit.Nivola
Blanco Laserna, David:




Mil cousas poden pasar.
O relato móvese no espazo da fantasía e o surrealismo, entre o mundo de dentro e o mun-do de fóra do mar. Ed. Xerais