martes, 20 de noviembre de 2012

20 DE NOVEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

O "día do neno" é unha xornada dedicada aos nenos, na que non só se trata de festexalos, senón tamén de promover os seus dereitos e concienciar ás persoas da importancia destes.
A súa orixe
A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente. Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta. En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente. Aquí tedes un enlace cunha recompilación de actividades, libros, cancións , vídeos de interese ,etc .do C.E.I.P. Víctor Sáenz https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/ 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario