viernes, 25 de septiembre de 2020

COMEZAMOS CURSO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE A APERTURA DA  BIBLIOTECA

 Este protocolo ten a súa orixe na necesidade de actuación e planificación con anterioridade suficiente para a próxima reapertura da nosa biblioteca. Está baseado e xustificado no punto 18 do protocolo de adaptación ao contexto COVID 19 , publicado pola Consellería de Educación onde fai alusión o uso da biblioteca escolar  e terá en conta as recomendacións da asesoría de bibliotecas escolares abertas.

Como norma xeral, aplícanse na biblioteca escolar as restantes normas de uso e funcionamento das aulas ordinarias.

 Co obxectivo  de facilitar a realización de dito protocolo, o equipo de biblioteca  reúne neste documento os principais puntos a ter en conta.

 PUNTOS A TER EN CONTA NO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE A APERTURA DA  BIBLIOTECA

1  1.-PREPARAR AS INSTALACIÓNS PARA A SÚA REAPERTURA.

·       Asegurarnos que toda a biblioteca está desinfectada (aula, mobiliario, equipos de traballo e coleccións) seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e administrativas  competentes.

·         Para minimizar o contacto entre as persoas usuarias debe modificarse, na  medida do posible, a disposición das mesas e organizar a circulación de persoas, co obxectivo de garantir o mantemento da distancia de seguridade .

·         O conserxe será o encargado de abrila ás 9.15  e pechala as 14.15 ( evitando o contacto cos pomos e chaves a moitas persoas).

·         Se estudará a conveniencia de instalar mamparas de separación na mesa do bibliotecario .

·         O aforo máximo da biblioteca será do 50%.

·         Dispor de xel hidroalcohólico para os usuarios, sendo obrigatoria a hixiene de mans antes do acceso á biblioteca.Procuraremos dispoñer de xel hidroalcohólico na entrada da biblioteca.

·         Na mesa do bibliotecario  podemos sinalizar o chan cunha liña de espera que non debe ser traspasada ata que toque a quenda.

·         Contar con persoal de limpeza de xeito poidamos reforzar a desinfección das instalacións e as superficies de traballo.

·         Garantir a ventilación da biblioteca entre cada sesión.

·         Prestar especial coidado na desinfección de pomos, manivelas, pasamáns, mesas, teclados , ratos, cadeiras, etc.

·         Habilitar un espazo na biblioteca para depositar os documentos devoltos durante alúmenos 4 horas, de xeito que se garanta a súa desinfección.

·         Contar con carros ou gabetas suficientes para manipular a devolución de documentos.

 2. DISPONIBILIDADE DE PERSOAL

·         Saber cantos mestres formarán parte do equipo da biblioteca.

·         Organizar  quendas  de traballo do equipo.

·         Organizar o horario de uso da biblioteca por niveis, tendo en conta as recomendacións sanitarias de separación interpersoal. Dependendo do aforo da biblioteca  organizar os grupos .

·         Organizar os espazos de circulación.

·         Establecer unhas normas de comportamento, hixiene e sanitarias entre os usuarios da  biblioteca. 

3. DEFINIR OS SERVIZOS

·         Valorar que servizos dos prestados con anterioridade ó estado de emerxencia pódense continuar prestando sen risco para a saúde. Ver as liñas prioritarias de actuación   da biblioteca escolar elaboradas para o curso 20-21

·         Definir os servizos presenciais que se prestarán ( préstamo por niveis , alternativa á relixión,…)

·         Valorar os servizos virtuais postos en marcha a raíz do decreto de estado de alarma.

·         Determinar e definir os servizos virtuais que se manterán. Por exemplo, mantemento do Recuncho de Leo e recomendacións literarias para a radio escolar gravadas dende as aulas.

·         Deseñar, si se considera oportuno e sempre que se conte cos recursos suficientes, a implementación de novos servizos tanto presenciais como virtuais..

·         Realizar un protocolo dos servizos, incentivando a comunicación con todos os usuarios a través de medios físicos (carteis, folletos informativos) e medios dixitais (web do cole, blog da biblioteca do colexio e aula virtual ).

·         Recompilar recursos e coleccións dixitais que permitan a lectura dixital dende casa.Elaborar un banco de lecturas on-line.

·         Na medida do posible, as novas adquisicións da biblioteca se farán a provedores locais, deste xeito apoiaremos ás librerías e editoriais locais opara contribuír a reactivación económica da localidade ou comarca.

·         Préstamo:

 En E.I. 5 anos:

-O préstamo será realizado na aula. A coordinadora da biblioteca dotará as aulas cun baúl con fondos para realizar o préstamo e será a titora a encargada de realizalo supervisando posteriormente a súa corentena de 4 horas.

 En E.P:

-O alumnado disponse na súa aula en ringleira , coa máscara posta detrás da mestra. Diríxense á biblioteca seguindo o sentido de circulación e unha vez alí, sentaranse nas cadeiras habilitadas.

-Pedirán os libros dos andeis á mestra.

-As devolucións  colocaranse nas gabetas habilitadas e deberán permanecer illadas e identificadas como mínimo 4 horas. Haberá cinco gabetas, unha para cada día da semana, e o venres un membro do equipo da biblioteca será o encargado de colocar os libros do luns o mércores. O do xoves e venres aínda estará en corentena.

-Unha vez rematada a sesión, o alumnado de 3º a 6º desinfectará o seu posto  ( mesa e cadeira) . En 1º e 2º será o mestre o encargado de hixienizar os postos que foran ocupados. A mesa e o PC do bibliotecario será hixienizado polo mestre.

-Ó rematar a sesión, ventilar a biblioteca polo menos durante 5 minutos. 

·         Libros dixitais: Soamente poderán ser utilizados por un curso : 6º de Ed.Primaria e deberán seguir as normas de uso dos lectores dixitais . Cada alumno usará sempre o mesmo lector dixital que será o número que corresponda co seu número de lista. Será o propio alumno o que porá a cargar a batería unha vez que estea esgotada. Os libros dixitais quedarán na aula na súa maleta.

·         Lectura colectiva : Completar as coleccións ata o número de alumnos matriculados por nivel para asegurar a lectura individual.

4. REGULAR O AFORO DENTRO DA BIBLIOTECA

·         Axustar o aforo das instalacións de xeito que se garanta a distancia de seguridade entre as persoas.A biblioteca poderá ser usada ata o 50 % do seu aforo.

·         Evitar en todo momento aglomeracións na biblioteca, garantindo a distancia de seguridade de 1 ou  1,5 metros limitando o acceso da cordo ó novo aforo da  biblioteca.

·         Os servizos e actividades colectivas (clubs de lectura, obradoiros, contacontos, charlas, etc.)  quedarán anulados.

5. DESINFECTAR MATERIAL PRESTADO

·         Habilitar un espazo para ubicar os fondos devoltos, ata que poidan volver  os andeis. Poderanse usar carros ou gabetas  para o depósito dos materiais, sinalizando neles os días que os materiais foron devoltos á biblioteca por días da semana, para así saber a data na que poden voltar a ser usados polos usuarios.

·         Deixar en corentena durante, alo menos,4 horas todos os fondos devoltos á biblioteca. Aplicar produtos desinfectantes non é recomendable xa que,  corremos o risco de danar os documentos.

6. COMUNICAR E PUBLICAR.

·         A información na biblioteca  a través de carteis e incluso folletos sobre medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos servizos bibliotecarios, debe ser clara e estará exposta na entrada da biblioteca.

·         Para a comunicación externa utilizaremos: a páxina web do colexio, o blog da biblioteca e a aula virtual. Aspectos a ter en conta :

·         Garantía de seguridade espazo limpo de Covid 19.

·         Apertura das instalacións

·         Normas de uso

·         Aforo

·         Servizos


                                                                                     Equipo de biblioteca escolar