jueves, 21 de octubre de 2010

MÁIS LECTURAS RECOMENDADAS


LECTURAS PARA SAMAÍN



Xa estamos a piques de celebrar a festa de Samaín no noso colexio.
Como nos gustan moito os Bolechas, estamos a traballar nestas datas sobre o conto : Os Bolechas van á festa dos calacús
Os nosos amigos Bolehas, teñen que adornar cabazas para o día da festa da súa escola.
A historia que contan é axeitada para os máis pequenos.
¡ Feliz Samaín !

lunes, 18 de octubre de 2010

Para os nenos e nenas de 2º.

RÍE, QUE RÍE.

Os alumnos de 2º de Primaria leron na aula o libro Ríe, que ríe.

Dende a Biblioteca vos propoñemos un xogo que consiste en investigar e atopar as respostas os seguintes colmos e acertixos que aparecen no libro (xa sabedes que o tedes na biblioteca).
Unha vez teñades as respostas podedes introducilas no buzón da nosa biblioteca ou respostar dende o blog.

¡Ánimo e a participar!

Colmo:

- Cal é o colmo dunha mesa?

- ....................................................................................................................................

Acertixo:

- Qué animal voa e non ten plumas?

- ....................................................................................................................................

jueves, 7 de octubre de 2010

Para os nenos e nenas de 5 anos.



Ola nenos e nenas:


Xa estou aquí de novo! Qué tal o verán?


Eu estiven moi ocupado viaxando por moitos lugares onde atopei moitos e interesantes libros.


Este curso, díxome a vosa mestra que ides a coñecer moitas cousas interesantes sobre os castelos.


Qué divertido!


Deixovos no baúl viaxeiro os libros que merquei nun dos meus viaxes polo mundo.


Espero que aprendades moito coa súa lectura e sobre todo que disfrutedes!

lunes, 4 de octubre de 2010

Benvida a todos

Sanguiñeda, 27 de setembro de 2010
Ola, queridos nenos e nenas:
Aquí estou de novo, cómo estades?, qué tal esas vacacións?
Eu lin moitos libros e estiven mo ocupado, coma sempre viaxando e buscando máis libros para traer a nosa Biblioteca.
Supoño que vos fixaríades no cartel que está na entrada da Biblioteca: "Abrimos o Luns 1 de Outubro". Así que xa sabedes que podedes subir coas vosas profes. É moi importante que lembredes as normas, e que ninguén esqueza que a Biblioteca é de todos e todas, polo tanto debemos axudar no seu coidado.
Este curso quero contar coa vosa colaboración, así que podedes enviarme todos aqueles comentarios ou suxerencias para mellorar a nosa Biblioteca.
Un saúdo, do voso amigo LEO.