jueves, 24 de octubre de 2013

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe 24 de  Outubro festexamos o día da biblioteca escolar. Aproveitando que o noso  proxecto vai adicado o mundo do cómic, aquí  vos deixamos unha mensaxe do noso amigo Mortadelo.

RECETARIO DE POCIÓNS



Queres ler o libro de pocións feito polo alumnado de 3º?. Preme na imaxe e...Coidado coa maxia!
Libro de poción máxicas de 3º

martes, 22 de octubre de 2013

GAÑADORA DO CONCURSO DETECTILEO

Noraboa a Noemí Quintero de 3º de Educación primaria!
Hoxe pola tarde fixemos o sorteo do mes de outubro. 
A resposta correcta era:  GALIA




Astérix vive  aredor do ano 50 a.C nunca aldea ficticia ó noroeste da Galia, a única parte do país que aínda non foi conquistada por Julio César.
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos aínda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as gornicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”
Esta cita é o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.
O pequeno Astérix, o galo, vive na súa aldea resistindo, cos seus amigos, o dominio romano. Para enfrontaren os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Todos os galos toman a poción menos Obélix, que caeu no pote da beberaxe cando aínda era bebé e por iso posúe de seu unha superforza.

viernes, 18 de octubre de 2013

DECORAMOS A BIBLIOTECA

Un ano máis preparámonos para festexar a data do Samaín. No que queda de mes , leremos contos e relatos  de medo, decoraremos as nosas cabazas e vestirémonos terroríficamente.
Aquí tedes un adianto !

CANTAMOS NO SAMAÍN



                                   CANCIÓN: MAMÁ CABRA


Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.


Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo


XOGAMOS POLO SAMAÍN

O XOGO DE SAMAÍN
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html


 XOGOS PARA INFANTIL DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samainfantil/lim.swf?libro=samainfantil.lim

XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim