viernes, 23 de noviembre de 2012

E-BOOKS NA AULA DE 6º

Hoxe foi o primer día que lemos na aula cos E-BOOKS . Empezamos por anotarnos na lista de préstamo para saber  cal vai ser o noso E-BOOK para todo o curso.
A mestra explicóunos as normas de uso , así como as súas intruccións  de  funcionamento.
 Antes de comezar a ler algún título en concreto , estivemos lendo os resumes dalgúns libros para ver cal nos convencía máis.

martes, 20 de noviembre de 2012

20 DE NOVEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

O "día do neno" é unha xornada dedicada aos nenos, na que non só se trata de festexalos, senón tamén de promover os seus dereitos e concienciar ás persoas da importancia destes.
A súa orixe
A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente. Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta. En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente. Aquí tedes un enlace cunha recompilación de actividades, libros, cancións , vídeos de interese ,etc .do C.E.I.P. Víctor Sáenz https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/ 
 

viernes, 16 de noviembre de 2012

GAÑADORES DO 1º PREMIO NO CONCURSO OUFF ESCOLA

Dende a biblioteca queremos dar os nosos parabéns os alumnos de 6º do curso pasado por resultar gañadores no festival de cine internacional celebrado en Ourense entre os días 2 e 11 de Novembro. Tedes no espacio ABALAR da Xunta unha referencia á novae e a a película http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/