viernes, 28 de octubre de 2011

LECTURAS POLO SAMAÍN

“O MONSTRUO DE RICARDO”
O máis terroríficamente divertido que lle pode pasar a Ricardo ó irse a durmir, é que aparezca un monstruo debaixo da súa cama... e lle faga cóxegas nos pés ata que non poida parar de rir!.
O malo é que as veces as apariencias engañan,as personaxes enredanse na confusión de non saber moi ben quen é quen. Porque nesta historia parece que hai máis dun monstruo: o mesmo Ricardo, ou incluso a súa irmá. E entre tanto lío, os pais de Ricardo son os únicos que non teñen ningunha dúbida.










“EL PEQUEÑO VAMPIRO Y EL GRAN AMOR”
Rüdiger, o pequeno vampiro, recibe a visita dun pariente. Trátase da remilgada curmá Olga von Seifenschwein de Transilvania, da que Rüdiger enamorase perdidamente. Anna está moi enfadada, pois o malo é que a señorita Olga, altiva e vaidosa, non sinte o mesmo por el e Rüdiger fai todo o que Olga lle manda. Por outra parte, a tía Dorothee fai o que está na súa man para que a estancia da súa consentida sobriña sexa todo o agradable posible. As situacións cómicas e difíciles se suceden a un ritmo vertixinoso












"LAS CARTAS DE HORACIO Y SU BRUJA ESTRAFALARIA" Queridos nenos e nenas: Son Horacio Conjurator Maúllez. Traballo de mascota da meiga Ágata Maga: debo coidar dela e axudarlle a ser unha AUTÉNTICA MEIGA. Pero non é tarea sinxela, porque Ágata négase a subirse a unha vasoira, non quere facer pócemas de ancas de ra, alas de morcego e rabos de lagartiños, …e o único que quere é convertirse nunha princesa e casar cun príncipe xeitoso!!! Qué podo facer? Voso amigo, Horacio Conjurator Maúllez

lunes, 24 de octubre de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

24 DE OUTUBRO

Hoxe celebramos o día internacional das bibliotecas escolares .O equipo de biblioteca propuxo a elaboración dun mural que reflexa a evolución da nosa biblioteca e as actividades de animación á lectura levadas a cabo nos últimos cursos.

lunes, 17 de octubre de 2011

PROXECTO: O UNIVERSO




A clase de Educación infantil 5 anos está aprendendo moitas cousas sobre o noso Universo.
Entre as cousas que queremos aprender están as relacionadas cos:

-satélites
-planetas.
-cohetes.
-astronautas (roupas, probas).
-movementos de rotación e traslación.
-cometas.
-meteoritos
-o sistema solar.
-extraterrestres- marcianos.
-día – noite, estacións, anos.
-eclipses.
-constelacións
-prismáticos, telescopios, brúxulas…
-posicións da lúa
-globo terráqueo.

Para atopar toda a información usaremos:

-Internet.
-Libros e contos
-Películas en DVD

viernes, 7 de octubre de 2011

A prensa na rede

Se queres coñecer as novas que publican moitos xornais, tanto nacionais como internacionais, preme no xornal e atoparás un quiosco moi grande.


Alí tamén podes consultar as portadas dos xornais de Galicia: