viernes, 17 de octubre de 2014

I CAMPIONATO DE XADREZ NA BIBLIOTECA

I CAMPIONATO DE XADREZ NA BIBLIOTECA



O vindeiro luns 20 de outubro durante o recreo terá lugar a primeira xornada do CAMPIONATO DE XADREZ.



GRUPO A
LUNS 20
Juan Gabriel González Romero 4º

Bruno Gándara 3º
Gabriel Davila Iglesias 5º

Iago Pereira Nuñez 6º
Pablo Losada Pérez 4º

Pablo Gallardo Gallardo 3º
Alejandro Cid Lago 4º

Alejandro Alonso Álvarez 5º
Manuel González Toucedo 2º

Lucas Fernández Vilas 1º
Anxo Martínez Veiga 2º

Lois González Pérez 1º

Soraya González 6º

Pedro González 6º
Mateo Alonso Álvarez 2º

Daniel andrés Santos  2º



GRUPO B

MARTES 21
Anxo Martínez Marcote 4º

Lúa Martínez Veiga 3º
Xabier Pérez Sousa 2º

Manel Quintas Pérez 6º
Hugo Ramírez 6º

Jesús Fernández 6º
Martín Díez Bouzas 4º

Noemí Quintero Sánchez 4º
Rubén Alfonso Pérez Carballos 6º

Hugo González Vidal 4º
Pablo González Vidal 4º

Carla Ramírez 4º
Lois Quintas Pérez 2º

Laura Arias  4º
Anxo Vidal 4º

Javier Morgadas Domínguez 3º


ÁRBITROS:

IKER  (4º)
EDUARDO (6º)
ALBERTO (5º)
GUILLERMO (5º)



viernes, 10 de octubre de 2014

CONCURSO NA BIBLIOTECA

CONCURSO NA BIBLIOTECA

ATOPA A LEO E A GALE



Eres un bo observador?



Participa no noso concurso.

É moi doado.



Rodea a Leo e a Gale.



Bota a resposta no buzón da biblioteca antes do 30 de outubro.

Entre as respostas acertadas sortearemos un magnífico premio.

jueves, 25 de septiembre de 2014

NOVIDADES

NOVIDADES

Temos moitos libros novos na biblioteca.

Libros de Pesadillas, Bat Pat (con olores), O Vampiro Valentín, Diario de una Friki... 

E moitísimos máis...
 

miércoles, 17 de septiembre de 2014

ABRIMOS!!!

ABRIMOS!!!


Hoxe, 17 de setembro abrimos
as portas da biblioteca.

Esperamos a vosa visita.
 

martes, 16 de septiembre de 2014

BENVIDOS AO CURSO 2014-2015


BENVIDOS AO CURSO 2014-2015

Ola nenos e nenas.
Xa estamos de volta.
O equipo de Biblioteca xunto co noso amigo Leo está traballando para abrir a porta da biblioteca nos vindeiros días.


Será un curso cheo de aventuras, diversión e viaxes, porque este ano propoñémosvos:

  COÑECER O MUNDO A TRAVÉS DOS LIBROS.

martes, 17 de junio de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

viernes, 7 de marzo de 2014

8 DE MARZO DIA DA MULLER

:
 Aquí tes algún debuxo para regalar a muller que máis che apetezca:



ACERTIXO MES DE MARZO



miércoles, 5 de febrero de 2014

CONCURSO DE POSTAIS POR SAN VALENTÍN

Este ano festexamos o día do amor e a amizade cun concurso de postais.
 Todos os alumnos do cole poden participar dende 6º de E.I elaborando a súa postal ,que debe de ter un debuxo e algunha  dedicatoria a algún ser  querido.
Entre todas elixiremos a máis amorosa!
Ánimadevos a participar!

DÍA DE SAN VALENTÍN

jueves, 23 de enero de 2014

jueves, 19 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS POLO NADAL 2013



CONTACONTOS SOBRE A HISTORIA DO APALPADOR

Onte viñeron a contarnos a historia do apalpador. Estivemos na biblioteca  todos oa alumnos de educación infantil . Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre esta personaxe de nadal.


jueves, 5 de diciembre de 2013

XOGA COS PERSONAXES DOS CÓMICS

XOGA COS PERSONAXES DOS CÓMICS.
FAI CLICK EN XOGOS.


 XOGOS



CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013


CONCURSO DETECTILEO -MES DE DECEMBRO

Axuda a LEO atopar os renos de Papá Noel. Resolve o seguinte laberinto

lunes, 18 de noviembre de 2013

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado día 12 de Novembro, coincidindo ca festa do magosto, levamos a cabo unha xornada de portas abertas para coñecer entre outras instalacións a nosa biblioteca.
Tedes máis imaxes e videos na web do cole , no apartado de festas, magosto.

viernes, 8 de noviembre de 2013

2º CONCURSO DETECTILEO

Ola nenos e nenas! Se queredes recolver un novo enigma, aquí vos deixo información que vos pode axudar a resolver a sopa de letras e o nome do cabaleiro a que fai referencia:

http://es.wikipedia.org/wiki/El_Capit%C3%A1n_Trueno

jueves, 24 de octubre de 2013

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe 24 de  Outubro festexamos o día da biblioteca escolar. Aproveitando que o noso  proxecto vai adicado o mundo do cómic, aquí  vos deixamos unha mensaxe do noso amigo Mortadelo.

RECETARIO DE POCIÓNS



Queres ler o libro de pocións feito polo alumnado de 3º?. Preme na imaxe e...Coidado coa maxia!
Libro de poción máxicas de 3º

martes, 22 de octubre de 2013

GAÑADORA DO CONCURSO DETECTILEO

Noraboa a Noemí Quintero de 3º de Educación primaria!
Hoxe pola tarde fixemos o sorteo do mes de outubro. 
A resposta correcta era:  GALIA




Astérix vive  aredor do ano 50 a.C nunca aldea ficticia ó noroeste da Galia, a única parte do país que aínda non foi conquistada por Julio César.
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos aínda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as gornicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”
Esta cita é o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.
O pequeno Astérix, o galo, vive na súa aldea resistindo, cos seus amigos, o dominio romano. Para enfrontaren os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Todos os galos toman a poción menos Obélix, que caeu no pote da beberaxe cando aínda era bebé e por iso posúe de seu unha superforza.

viernes, 18 de octubre de 2013

DECORAMOS A BIBLIOTECA

Un ano máis preparámonos para festexar a data do Samaín. No que queda de mes , leremos contos e relatos  de medo, decoraremos as nosas cabazas e vestirémonos terroríficamente.
Aquí tedes un adianto !

CANTAMOS NO SAMAÍN



                                   CANCIÓN: MAMÁ CABRA


Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.


Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo


XOGAMOS POLO SAMAÍN

O XOGO DE SAMAÍN
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html


 XOGOS PARA INFANTIL DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samainfantil/lim.swf?libro=samainfantil.lim

XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim 




viernes, 27 de septiembre de 2013

EXPOSICIÓN DE CÓMICS

Xa comezamos o noso proxecto anual adicado ó cómic.
A 1ª actividade que estamos a desenvolver é unha exposición de cómics antiguos e novos, grazas a participación das distintas familias do cole.
Aquí podedes votar unha ollada  !

lunes, 16 de septiembre de 2013

BENVIDA Ó CURSO 2013-2014

Ola nenos e nenas;
Xa estamos de volta un curso máis!
Este curso imos traballar dende a biblioteca un proxecto que leva por título :O comic de onte e hoxe
Dende o equipo de biblio e de dinamización  da lingua galega xa estamos traballando nel para  comezar no mes de outubro .
Se queredes participar dende casa podedes traer cómics para facer unha exposición na biblioteca


viernes, 21 de junio de 2013

ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS MÁIS LECTORES

Onte entregamos na biblioteca os dilplomas ós lectores  máis asiduos  do curso 2012-13. Ademais levaron un estupendo  agasallo  para disfrutar nas vacacións de verán. Noraboa  os gañadores !