Polo día do libro , e coma en cursos anteriores , os alumnos de 1º ciclo de educación primaria visitamos a Biblioteca Pública de Mos .
Alí ,
escolitamos contos narrados por unha contacontos, entre eles un adicado "os avós" . A narración foi acompañada dunha dramatización do conto feita por avós.
Ademáis , percorremos a biblioteca e levamos libros en préstamo .
O alumnado de 4º conmemorou o Día do Libro Infantil e Xuvenil comentando as súas preferencias de lectura e lendo na biblioteca do noso colexio algunhas obras adaptadas da literatura universal.
Cada
ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores
de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat
Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley
Bryan
O venres pasado levouse a cabo unha charla na biblioteca do colexio titulada : NAVEGA CON RUMBO.
Falamos entre outras cousas das novas tecnoloxías e da navegación segura en internet.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos
en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é
festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos
continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas
étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para
celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90
anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Estamos a piques de comezar o noso novo PDI que nesta ocación imos adicar a Rosalía de Castro.
Entre as moitas actividades que temos programadas está a lectura e gravación do poema Que ten omozo? pertencente a obra Cantares Gallegos.
Esta é a nosa contribución a celebración dos 150 anos da súa publicación.
O mércores pasado presentamos en Santiago, na biblioteca da cidade da cultura, a nosa experiencia cos libros dixitais.O motivo foi a presentación dun proxecto piloto E-LBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. Se queres ler máis pincha nos seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/507
Ao alumnado de 4ºgustoulle moito o libro titulado O misterio do cemiterio vello, de Fina Casalderrey. Aquí amósannos algúns debuxos e o resumeque fixeron sobre o libro.
Este curso imos realizar o 1º Concurso de cartas de amor.
Pode participar todo o alumnado do colexio.
Escribe a túa carta antes do 19 de Febreiro e deposítaa no buzón da entrada da biblioteca.
A carta gañadora recibirá un agasallo.
Anímate e participa!
Este curso e como colofón do noso proxecto documental integrado adicado a Celso Emilio Ferreiro imos festexar o día da paz ( 30 de Xaneiro) aprendendo e cantando a canción Irmaus. O grupo Fuxan os ventos ten unha versión en youtube : https://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo
O mércores 12.12.2012 ás 12:00 horas tivo lugar no noso cole a lectura
en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Esta, é tan só unha actividade máis
dentro do noso proxecto documental integrado adicado a este autor, que
xa vimos realizando durante todo o 1º trimestre. Estamos realizando un
video das lecturas realizadas en todos os cursos dende infantil a
primaria ,e moi pronto poderedes velo e escoitalo dende este blog. Tamén ,podedes escoitar un programa de radio especial adicado ó mesmo autor realizado polos alumnos de 3º.Blog da radio do cole /http://www.radioescolarsanguineda.blogspot.com.es/
Hoxe coñecimos a nosa mascota Leo. Ensinóunos moitas cousas da nosa biblioteca: onde están colocados os libros que podemos ler os nenos de infantil, como debemos tratar os libros, como debemos comportarnos na biblioteca,...
Tamén coloreamos o noso novo amigo e aprendimos o seu nome :LEO.
Invitóunos a voltar outro día á biblioteca para aprender moitas máis cousas sobre o maravilloso mundo dos libros.
Hoxe foi o primer día que lemos na aula cos E-BOOKS . Empezamos por anotarnos na lista de préstamo para saber cal vai ser o noso E-BOOK para todo o curso.
A mestra explicóunos as normas de uso , así como as súas intruccións de funcionamento.
Antes de comezar a ler algún título en concreto , estivemos lendo os resumes dalgúns libros para ver cal nos convencía máis.
O "día do neno" é unha xornada dedicada aos nenos, na que non só se trata de festexalos, senón tamén de promover os seus dereitos e concienciar ás persoas da importancia destes. A súa orixe
A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente. Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta. En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente. Aquí tedes un enlace cunha recompilación de actividades, libros, cancións , vídeos de interese ,etc .do C.E.I.P. Víctor Sáenz https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/
Dende a biblioteca queremos dar os nosos parabéns os alumnos de 6º do curso pasado por resultar gañadores no festival de cine internacional celebrado en Ourense entre os días 2 e 11 de Novembro.
Tedes no espacio ABALAR da Xunta unha referencia á novae e a a película
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
No noso colexio unímonos o pasado día 24 á celebración do Día Internacional das Bibliotecas. Nesta ocasión presentámosvos a nosa biblioteca, sobre a que realizaron diversas actividades os alumnos e alumnas do noso centro.