martes, 2 de diciembre de 2014

NOVO CONCURSO!!!

Xa está aquí o Nadal e con iso un novo concurso na biblioteca do cole no que poderán participar tanto GRANDES COMA PEQUENOS.

Queredes participar? É moi doado!!! Atentos ás regras do xogo!

1º  Achegádevos  
á entrada do cole onde atoparedes un recipiente cheo de bolas do Nadal!!!

2º  Convertédevos nuns verdadeiros adiviñas para responder a nosa pregunta...¿CANTAS BOLAS DE NADAL HAI NO RECIPIENTE?

3º Se es un neno ou nena colle unha das follas de cores que hai enriba da caixa de correos  mentres que os adultos escribiredes a resposta nas follas brancas.

4º Bota a resposta na caixa antes do  18 de DECEMBRO.


Entre as respostas acertadas sortearemos un magnífico premio!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario