Hoxe levamos a cabo na biblioteca un contacontos en colaboración ca confederación hidrográfica e con Ánxo Moure. Estivo destinado ó alumnado de E.I 4 e 5 anos e falamos da importancia do coidado da auga e dos ríos.
Aquí vos deixo unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.
Onte o alumnado de 3ºAB asistíu na nosa biblioteca a unha charla sobre reciclaxe realizada por un ponente da empresa Urbaser. Trataron temas diversos como: o entorno medioambiental , o lixo e as súas distintas posibilidades de reciclaxe e un novo ciclo de vida para o mesmo.
O alumnado estivo moi participativo e comprometido co tema compartindo co ponente a súa contribución ó coidado do medio ambiente ca patrulla canina de limpeza durante os recros.
O pasado mércores, con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller ( 25 de Novembro) levamos a cabo na biblioteca unha actividade sobre igualdade de xénero destinada os alumnos de 5º e 6º de Educación primaria.
A actividade consistíu no visionado dunha curta de cine e a posterior reflexión e posta en común. Ó remate todos levamos as nosas pulseriñas como recordatorio do día.
Xa estamos aquí de novo un ano máis con novas propostas de traballo !
O martes 1 de Outubro fixemos a apertura da nosa biblioteca . Xa podedes visitarnos nos recreos e acudir a nosa bibliotenda os mércores de cada mes.
Os nosos axudantes estarán alí para atendervos.
Vémonos!
O venres pasado 22 de Marzo tivemos a gran sorte de contar ca presenza do escritor Ánxo Fariña, autor do libro que estamos a ler no club lector de 6º :" A chave da Atlántida".
Fixemoslle unha entrevista na nosa radio escolar e despois, puidemos compartir con el ideas interesantes sobre o seu libro.Se queredes escoitar o programa de radio podedes premer no enlace ou visitar o blog da radio:http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/audioradio/20182019/programasradio.htm
O longo do 2º e 3º trimestre levaremos a cabo o proxecto elixido para este ano sobre : "O cine"
Para comezar faremos unha exposición de fondos e de materiais sobre a temática .Ademáis temos preparada unha carteleira especial na que Leo, Gale ,Porfi e Amodiño son as protagonistas das películas. Non vos perdades a taquilla e estade moi atentos as actividades plantexadas.