martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de Abril festexamos o día do libro . Este ano queremos agasallar os alumnos con citas célebres que poderán atopar por todo o colexio.

jueves, 28 de marzo de 2019

VISITA ÁNXO FARIÑA

O venres pasado 22 de Marzo tivemos a gran sorte de contar ca presenza do escritor Ánxo Fariña, autor do libro que estamos a ler no club lector de 6º :" A chave da Atlántida".
Fixemoslle unha entrevista na nosa radio escolar e despois, puidemos compartir con el ideas interesantes sobre o seu libro.Se queredes escoitar o programa de radio podedes premer no enlace ou visitar o blog da radio:http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/audioradio/20182019/programasradio.htm


PROXECTO: MULTICINES MESTRE VALVERDE MAYO

O longo do 2º e 3º trimestre levaremos a cabo o proxecto elixido para este ano sobre : "O cine"
Para comezar faremos unha exposición de fondos e de  materiais sobre a temática .Ademáis temos preparada unha carteleira especial na que Leo, Gale ,Porfi e Amodiño son as protagonistas das películas. Non vos perdades a taquilla e estade moi atentos as actividades plantexadas.
 


miércoles, 13 de marzo de 2019

miércoles, 13 de febrero de 2019

lunes, 4 de febrero de 2019

CLUB LECTOR

O venres 1 de Febreiro comezamos o club lector . Este trimestre o título elixido foi:" A chave da Atlántida" de Ánxo Fariña.


CONTACONTOS EN LINGUAXE DE SIGNOS

Hoxe tivemos un contacontos en linguaxe de signos.O título elixido foi " O monstruo de cores vai ó colexio". Aquí tedes algunha imaxe da sesión :

LECTURAS DE PAZ


lunes, 3 de diciembre de 2018

EXPOSICIÓN " O MUNDO MÁXICO DE ANTÓN"

Hoxe 3 de Decembro festexamos  o día internacional das persoas con  discapacidade .
Tedes na entrada do cole unha exposición de cadros titulada: " O mundo máxico de Antón" que estará disponible durante toda a semana.
Se queredes coñecer máis sobre a vida deste neno podedes ver o seguinte vídeo:
https://drive.google.com/file/d/1RiEXu8k6GF81VtyAzGcfhSX73xhlZbrG/view
 Tamén tedes a vosa disposición libros mercados polo centro que fomentan a nosa Biblioteca inclusiva.

lunes, 19 de noviembre de 2018

BIBLIOTECA INCLUSIVA









Xornada de portas abertas


O Martes  13 de Novembro , coincidindo cá festa do Magosto, festexamos  a  Xornada de portas abertas . As familias puideron coñecer distintas dependencias do colexio entre elas a nosa Biblioteca.
Despois da xornada disfrutamos dunha castañada preparada pola ANPA acompañada de chocolatada e animación musical.
 Se queredes ver as imaxes e vídeo tes que  premer no apartado de festas do colexio.

miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de Outrubro estamos de celebración, pois festexamos o días das bibliotecas .
Para festexar o día imos regalar marcapáxinas os primeiros nenos que acudan a nosa bibliotenda no tempo de recreo.

martes, 23 de octubre de 2018

APERTURA DA BIBLIOTENDA

Un ano máis podedes vir mercar a nosa bibliotenda os mércores en horario de recreo e non esquezades traer os vosos biblioeuros.
Sea aínda non tedes biblioeuros , non vos preocupedes que ó longo do curso faremos distintas actividades e  concursos  para poder conseguilos.

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO 2018


Máis actividades realizadas para festexar o día do libro :exposición de libros para ler na entrada do colexio, elaboración de marcapáxinas, xogamos co LIM polo día do libro do "CEIP  A Magdalena "http://engalego.es/curso/lim/23_de_abril_dia_del_libro1/23_de_abril_dia_del_libro.html



martes, 10 de abril de 2018

Títeres na biblioteca

Hoxe tivenos a a sorte de contar con Celtia Figueiras unha das compoñentes da compaía de monicreques  " A xanela do maxín", co seu espectáculo os libros da titiriteira.



GAÑADORES DO CONCURSO DE CIENCIA


Noraboa:
Hugo (2º)
Ainara (2º)
Alba (2º)
Martín (2º)
Jose (2º)

viernes, 23 de marzo de 2018

viernes, 2 de febrero de 2018

CLUB DE LECTURA

Comezamos unha nova experiencia: por en práctica un club de lectura co alumnado de 5º.
 Levarémolo a cabo  este trimestre nos recreos dos venres.
O libro escollido para comezar o club de lectura é Xoeliki.