lunes, 29 de abril de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Dende o luns día 22 ata o luns 29 de abril o alumnado de Primaria estivo a gravar nos estudios da nosa Radio Escolar un conto encadeado para conmemorar o Día do Libro.  Escoitade o resultado!

miércoles, 24 de abril de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOS

Polo día do libro , e coma en cursos anteriores , os alumnos de 1º ciclo  de educación primaria visitamos a Biblioteca Pública de Mos .
Alí ,
escolitamos contos narrados por unha contacontos, entre eles un adicado "os avós" . A narración foi acompañada dunha dramatización do conto feita por avós.
Ademáis , percorremos a biblioteca e levamos libros en préstamo .

viernes, 19 de abril de 2013

CANCIÓN: CAILLOU E OS LIBROS

Para festexar o día do libro canta con Caillou!!!

O RAP DO LIBRO

Os maiores do cole podedes disfrutar cantando o rap do libro!

jueves, 18 de abril de 2013

CARTEL DA SEMANA DO DÍA DO LIBRO

A próxima semana  levaremos a cabo diferentes actividades para festexar o día do libro.
Aquí tedes o cartel cas distintas propostas:

miércoles, 3 de abril de 2013

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil

O alumnado de 4º conmemorou o Día do Libro Infantil e Xuvenil comentando as súas preferencias de lectura e lendo na biblioteca do noso colexio algunhas obras adaptadas da literatura universal.


martes, 2 de abril de 2013

2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe,  2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan


lunes, 18 de marzo de 2013

Charla " NAVEGA CON RUMBO"

O venres pasado levouse a cabo unha charla na biblioteca do colexio titulada : NAVEGA CON RUMBO.
Falamos entre outras cousas das novas tecnoloxías e da navegación segura en internet.

viernes, 1 de marzo de 2013

8 DE MARZO .DÍA DA MULLER TRABALLADORA


O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

Dibujos para colorear

viernes, 22 de febrero de 2013

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

Estamos a piques de comezar o noso novo PDI que nesta ocación imos adicar a Rosalía de Castro.
Entre as moitas actividades que temos programadas está a lectura e gravación  do poema Que ten o mozo? pertencente a obra Cantares Gallegos.
 Esta é a nosa contribución a celebración dos 150 anos da súa publicación.

ESTIVEMOS ALÍ


O mércores pasado presentamos en Santiago, na biblioteca da cidade da cultura, a nosa experiencia cos libros dixitais.O motivo foi a presentación dun proxecto piloto E-LBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. Se queres ler máis pincha nos seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/507


Lectura do libro O misterio do cemiterio vello

Ao alumnado de 4º gustoulle moito o libro titulado O misterio do cemiterio vello, de Fina Casalderrey. Aquí amósannos algúns debuxos  e o resume que fixeron sobre o libro.








jueves, 14 de febrero de 2013

I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Este  curso imos realizar o 1º Concurso de cartas de amor.
Pode participar todo o alumnado do colexio.
Escribe a túa carta antes do 19 de Febreiro e deposítaa no buzón da entrada da biblioteca.
A carta gañadora recibirá un agasallo.
Anímate e participa!


miércoles, 6 de febrero de 2013

XOGANDO POLO ENTROIDO: OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO

Se queredes xogar cos nosos amigos os Boteiros de Viana do Bolo e seguir coñecendo máis sobre este entroido ,pinchade neste enlace onde atoparás actividades LIM elaboradas no noso cole para que as disfrutedes: http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/entroido2013/osbotteiros.html

ENTROIDO 2013

Un ano máis estamos a traballar un dos nosos entroidos galegos. Este curso investigamos sobre o entroido de Viana do Bolo e os seus Boteiros

jueves, 31 de enero de 2013

Día da paz

Xa tedes publicado o vídeo cas actividades do día da paz. Podedes visualizalo no seguinte enlace.
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/valores/diapaz/diapaz.htm
Aquí tedes algunha foto das actividades realizadas para festexar esta data



viernes, 11 de enero de 2013

PREPARANDO O DÍA DA PAZ( 30 DE XANEIRO)

Este curso e como colofón do noso proxecto documental integrado adicado a Celso Emilio Ferreiro imos festexar o día da paz ( 30 de Xaneiro) aprendendo e cantando a canción Irmaus. O grupo Fuxan os ventos ten unha versión en youtube :
https://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo

POLO NADAL REGALA UN LIBRO

VISIONAMOS A PELICULA TOY STORY 3