martes, 12 de enero de 2010

Gandhi


O 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da india ,Mahatma Gandhi.
Dende a Biblioteca do cole propoñemosvos que leades o seguinte libro que fai alusión a sua vida :
“ Ghandi . El pacífico”. Gorka Calzada. Ed. El rompecabezas. Colección sabelotodos.

A vosa misión nesta webquest consite en coñecer a través da lectura do libro a persoa de Ghandi, a súa loita contra a violencia, contra o sistema político da India daquela época e contra as desigualdades sociais.

ACTIVIDADES

• Resposta as seguintes preguntas sobre a vida de Ghandi:
1.-¿Onde naceu?
2.-¿Qué significa a palabra “ Mahatma”?
3.-¿Qué estudios cursou?.
4.-¿Estivo casado?.
5.-¿Cál era a súa relixión?.
6.-¿Estivo na cárcere?.
7.-¿Qué ideas defendía?
8.-¿Recicbiu algún premio?.
9.-¿Cal foi a causa da súa morte?

• Completa as seguintes frases cas palabras :
instrumento, victoria, leis, manter, cego, paz, ladrón, mundo, violencia, reducilas.

1.-Non hai camiño para a paz, a………………….….é o camiño.
2.-A plegaria, entendida e aplicada axeitadamante, é o………………. máis potente para a acción.
3.-En canto alguén comprende queobedecer……………………inxustas é contrario a súa dignidade de home, ningunha tiranía pode dominalo.
4.-O que retén algo que non necesita é igual a un…………………
5.-O verdadero progreso social non consiste en aumentar as necesidades, senon en……………………………….voluntariamente.
6.-A humanidade non pode liberarse dá………………….máis que por medio da non violencia.
7.-Ollo por ollo e todo o mundo rematará………………..
8.-O que se obten con violencia , so se pode …………………..….con violencia.
9.-A nosa recompensa atópase no esforzo e non no resultado . Un esforzo total é unha………………………………………..completa.
10.-Se queres cambiar o……………………………………, cámbiate antes a ti mesmo.


• Páxinas de interese onde podes atopar máis información e profundizar no pacifismo.

http://es.wikipedia.org/wiki/Pacifismo http://web.mahatma.org.in/familytree/familytree.jsp?link=ft
http://www.geocities.com/armonizaciones/pro_educa_paz.htm?200620

domingo, 20 de diciembre de 2009

OUTRA CARTA DE LEO

Sanguiñeda ,15 Decembro de 2009



Ola queridos nenos e nenas:


Xa estou de novo aquí! Gústame moito come decorachedes o voso colexio, todo cheo de bonecos de neve feitos de diferentes materiais , cores, tamaños,....

Aquí tedes de novo outra carta, para lembrarvos que estas vacacións de nadal leades moito .

Algúns libros de nadal que vos recomendo son: “ Kika superbruxa e o feitizo do nadal “ , “ Os Bolechas festexan o nadal”, “ Tento e mailo Nadal”, “ El pequeño vampiro y la fiesta de navidad”, El taller de juguetes de Papá Noel” ,etc.
Algún o podedes atopar na biblioteca , pero outros podedes pedilos os reis Magos .


E xa sabedes : ¡LER É DIVERTIDO: ANÍMATE!

Un saúdo e , moitos bicos, do voso amigo LEO

domingo, 15 de noviembre de 2009

Carta da nosa mascota

Menuda sorpresa!!!!!!!!!!!!

Recibímos unha carta de Leo.

viernes, 6 de noviembre de 2009

A nosa mascota

Esta é a nosa mascota saudando:


Moi boas librín...

martes, 3 de noviembre de 2009

Xoga coas historias.

Queres xogar a ser escritor ou escritora?
Le as historias dos teus compañeiros e compañeiras e atrévete a cambiar os seus finais.

Se te atreves preme neste enlace.http://centros.edu.xunta.es/ceipmestrevalverdemayo/aulas/curso0910/historiastenebrosas.htm



Poderás convertila nunha historia cómica ou nunha todavía máis terrorífica.

viernes, 30 de octubre de 2009

Premio mascota

Ola a todos e todas.


E grazas a todos os que participastes na búsqueda da nosa mascota.









Os finalistas foron:



O noso gañador foi: Guille de 6º. Velaí a mascota:

Librín, a mascota da biblioteca

jueves, 8 de octubre de 2009

Concurso Mascota para a Biblioteca

Dende a biblioteca do centro convócase un concurso de mascota para a biblioteca.

  • As bases do concurso serán as que seguintes:
    · Poderán participar todos os/as nenos/as do colexio, tanto de infantil coma de primaria.
    · O debuxo da mascota deberá ser orixinal
    · Os traballos deberán ser feitos nunha folla tamaño A4 ( folio)
    · A personaxe poderá ser inventada ou relacionada con algunha lectura.
    · O debuxo poderá ser realizado utilizando diferentes técnicas plásticas ( rotuladores, ceras, lápices,...) .
    · Cada participante poderá presentar un único debuxo. Todos serán expostos no colexio
    · Acompañando o debuxo deberá aparecer o nome da mascota en galego e de xeito opcional, unha frase referida á lectura coma fonte de diversión, aventura, etc.
    · Cada titor/a elixirá o máis axeitado do seu curso . De todos os seleccionados elixirase o gañador.
    · O prazo de entrega será o 16 de Outubro.
    A mascota gañadora será o encargada de dinamizar o funcionamento da biblioteca e, asemade, ambientará moitos dos recunchos do cole.A presentación da mascota e a entrega do premio ó/á artista gañador/a farase durante a Festa do Samaín- Halloween.

martes, 6 de octubre de 2009




Ola. Benvidos ó Blog da Bilbioteca do Colexio Mestre Valverde Mayo.