Hoxe,
2 de Abril conmemórase, tal e como se
vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou
esa data Día
Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a
importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos,
libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como
lectores e como persoas.
Cada
ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores
de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat
Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley
Bryan

No hay comentarios:
Publicar un comentario