jueves, 19 de diciembre de 2013
CONTACONTOS SOBRE A HISTORIA DO APALPADOR
Onte viñeron a contarnos a historia do apalpador. Estivemos na biblioteca todos oa alumnos de educación infantil . Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre esta personaxe de nadal.
jueves, 5 de diciembre de 2013
lunes, 18 de noviembre de 2013
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O pasado día 12 de Novembro, coincidindo ca festa do magosto, levamos a cabo unha xornada de portas abertas para coñecer entre outras instalacións a nosa biblioteca.
Tedes máis imaxes e videos na web do cole , no apartado de festas, magosto.
Tedes máis imaxes e videos na web do cole , no apartado de festas, magosto.
Etiquetas:
curso 2013-14,
xornada de portas abertas
viernes, 8 de noviembre de 2013
2º CONCURSO DETECTILEO
Ola nenos e nenas! Se queredes recolver un novo enigma, aquí vos deixo información que vos pode axudar a resolver a sopa de letras e o nome do cabaleiro a que fai referencia:
http://es.wikipedia.org/wiki/El_Capit%C3%A1n_Trueno
http://es.wikipedia.org/wiki/El_Capit%C3%A1n_Trueno
jueves, 24 de octubre de 2013
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Hoxe 24 de Outubro festexamos o día da biblioteca escolar. Aproveitando que o noso proxecto vai adicado o mundo do cómic, aquí vos deixamos unha mensaxe do noso amigo Mortadelo.
Etiquetas:
curso 2013-14,
dia da biblioteca escolar
martes, 22 de octubre de 2013
GAÑADORA DO CONCURSO DETECTILEO
Noraboa a Noemí Quintero de 3º de Educación primaria!
Hoxe pola tarde fixemos o sorteo do mes de outubro.
A resposta correcta era: GALIA
Astérix vive aredor do ano 50 a.C nunca aldea ficticia ó noroeste da Galia, a única parte do país que aínda non foi conquistada por Julio César.
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos aínda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as gornicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”
Esta cita é o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.
O pequeno Astérix, o galo, vive na súa aldea resistindo, cos seus amigos, o dominio romano. Para enfrontaren os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Todos os galos toman a poción menos Obélix, que caeu no pote da beberaxe cando aínda era bebé e por iso posúe de seu unha superforza.

viernes, 18 de octubre de 2013
DECORAMOS A BIBLIOTECA
Un ano máis preparámonos para festexar a data do Samaín. No que queda de mes , leremos contos e relatos de medo, decoraremos as nosas cabazas e vestirémonos terroríficamente.
Aquí tedes un adianto !
Aquí tedes un adianto !
CANTAMOS NO SAMAÍN
CANCIÓN: MAMÁ CABRA
Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.
Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.
bailan,
bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
Bule, bule,
bule, bule,
bailan,
bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo
XOGAMOS POLO SAMAÍN
O XOGO DE SAMAÍN
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html
XOGOS PARA INFANTIL DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samainfantil/lim.swf?libro=samainfantil.lim
XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP A PEDRA
http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim

martes, 15 de octubre de 2013
viernes, 27 de septiembre de 2013
EXPOSICIÓN DE CÓMICS
Xa comezamos o noso proxecto anual adicado ó cómic.
A 1ª actividade que estamos a desenvolver é unha exposición de cómics antiguos e novos, grazas a participación das distintas familias do cole.
Aquí podedes votar unha ollada !
A 1ª actividade que estamos a desenvolver é unha exposición de cómics antiguos e novos, grazas a participación das distintas familias do cole.
Aquí podedes votar unha ollada !
lunes, 16 de septiembre de 2013
BENVIDA Ó CURSO 2013-2014
Ola nenos e nenas;
Xa estamos de volta un curso máis!
Este curso imos traballar dende a biblioteca un proxecto que leva por título :O comic de onte e hoxe
Dende o equipo de biblio e de dinamización da lingua galega xa estamos traballando nel para comezar no mes de outubro .
Se queredes participar dende casa podedes traer cómics para facer unha exposición na biblioteca

viernes, 21 de junio de 2013
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS MÁIS LECTORES
Onte entregamos na biblioteca os dilplomas ós lectores máis asiduos do curso 2012-13. Ademais levaron un estupendo agasallo para disfrutar nas vacacións de verán. Noraboa os gañadores !
Etiquetas:
Curso 2012 - 2013,
dilpomas lectores
martes, 7 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Está considerado como o gran dramaturgo galego, autor de máis de trinta obras teatrais, foi un dos creadores do teatro profesional galego e en galego, motivo polo que a Real Academia Galega lle adica o día das Letras Galegas deste ano 2013 .

lunes, 29 de abril de 2013
miércoles, 24 de abril de 2013
VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOS
Polo día do libro , e coma en cursos anteriores , os alumnos de 1º ciclo de educación primaria visitamos a Biblioteca Pública de Mos .
Alí ,
Alí ,
escolitamos contos narrados por unha contacontos, entre eles un adicado "os avós" . A narración foi acompañada dunha dramatización do conto feita por avós.
Ademáis , percorremos a biblioteca e levamos libros en préstamo .
Etiquetas:
Curso 2012 - 2013,
día do libro infantil
viernes, 19 de abril de 2013
CANCIÓN: CAILLOU E OS LIBROS
Para festexar o día do libro canta con Caillou!!!
Etiquetas:
Curso 2012 - 2013,
día do libro infantil
jueves, 18 de abril de 2013
CARTEL DA SEMANA DO DÍA DO LIBRO
A próxima semana levaremos a cabo diferentes actividades para festexar o día do libro.
Aquí tedes o cartel cas distintas propostas:
Aquí tedes o cartel cas distintas propostas:
Etiquetas:
Curso 2012 - 2013,
día do libro infantil
miércoles, 3 de abril de 2013
Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil
O alumnado de 4º conmemorou o Día do Libro Infantil e Xuvenil comentando as súas preferencias de lectura e lendo na biblioteca do noso colexio algunhas obras adaptadas da literatura universal.
Etiquetas:
biblioteca,
Curso 2012 - 2013,
día do libro infantil
martes, 2 de abril de 2013
2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil
Hoxe,
2 de Abril conmemórase, tal e como se
vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou
esa data Día
Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a
importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos,
libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como
lectores e como persoas.
Cada
ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores
de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat
Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley
Bryan

Etiquetas:
Curso 2012 - 2013,
día do libro infantil
lunes, 18 de marzo de 2013
Charla " NAVEGA CON RUMBO"
O venres pasado levouse a cabo unha charla na biblioteca do colexio titulada : NAVEGA CON RUMBO.
Falamos entre outras cousas das novas tecnoloxías e da navegación segura en internet.
Falamos entre outras cousas das novas tecnoloxías e da navegación segura en internet.
domingo, 10 de marzo de 2013
viernes, 1 de marzo de 2013
8 DE MARZO .DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Dibujos para colorear
Etiquetas:
Curso 2012 - 2013,
día da muller traballadora
viernes, 22 de febrero de 2013
PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA
Estamos a piques de comezar o noso novo PDI que nesta ocación imos adicar a Rosalía de Castro.
Entre as moitas actividades que temos programadas está a lectura e gravación do poema Que ten o mozo? pertencente a obra Cantares Gallegos.
Esta é a nosa contribución a celebración dos 150 anos da súa publicación.

ESTIVEMOS ALÍ
O mércores pasado presentamos en Santiago, na biblioteca da cidade da cultura, a nosa experiencia cos libros dixitais.O motivo foi a presentación dun proxecto piloto E-LBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. Se queres ler máis pincha nos seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/507
Lectura do libro O misterio do cemiterio vello
Ao alumnado de 4º gustoulle moito o libro titulado O misterio do cemiterio vello, de Fina Casalderrey. Aquí amósannos algúns debuxos e o resume que fixeron sobre o libro.
jueves, 14 de febrero de 2013
I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Este curso imos realizar o 1º Concurso de cartas de amor.
Pode participar todo o alumnado do colexio.
Escribe a túa carta antes do 19 de Febreiro e deposítaa no buzón da entrada da biblioteca.
A carta gañadora recibirá un agasallo.
Anímate e participa!
Pode participar todo o alumnado do colexio.
Escribe a túa carta antes do 19 de Febreiro e deposítaa no buzón da entrada da biblioteca.
A carta gañadora recibirá un agasallo.
Anímate e participa!
miércoles, 6 de febrero de 2013
XOGANDO POLO ENTROIDO: OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO
Se queredes xogar cos nosos amigos os Boteiros de Viana do Bolo e seguir coñecendo máis sobre este entroido ,pinchade neste enlace onde atoparás actividades LIM elaboradas no noso cole para que as disfrutedes: http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/entroido2013/osbotteiros.html
ENTROIDO 2013
Un ano máis estamos a traballar un dos nosos entroidos galegos. Este curso investigamos sobre o entroido de Viana do Bolo e os seus Boteiros
jueves, 31 de enero de 2013
Día da paz
Xa tedes publicado o vídeo cas actividades do día da paz. Podedes visualizalo no seguinte enlace.
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/valores/diapaz/diapaz.htm
Aquí tedes algunha foto das actividades realizadas para festexar esta data
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/valores/diapaz/diapaz.htm
Aquí tedes algunha foto das actividades realizadas para festexar esta data
viernes, 11 de enero de 2013
PREPARANDO O DÍA DA PAZ( 30 DE XANEIRO)
Este curso e como colofón do noso proxecto documental integrado adicado a Celso Emilio Ferreiro imos festexar o día da paz ( 30 de Xaneiro) aprendendo e cantando a canción Irmaus. O grupo Fuxan os ventos ten unha versión en youtube :
https://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo
https://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)