Aquí tedes unhas recomendacións para ler no Nadal. Premede na imaxe
lunes, 17 de diciembre de 2012
viernes, 14 de diciembre de 2012
RECITANDO A CELSO EMILIO
O mércores 12.12.2012 ás 12:00 horas tivo lugar no noso cole a lectura
en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Esta, é tan só unha actividade máis
dentro do noso proxecto documental integrado adicado a este autor, que
xa vimos realizando durante todo o 1º trimestre. Estamos realizando un
video das lecturas realizadas en todos os cursos dende infantil a
primaria ,e moi pronto poderedes velo e escoitalo dende este blog. Tamén ,podedes escoitar un programa de radio especial adicado ó mesmo autor realizado polos alumnos de 3º.Blog da radio do cole /http://www.radioescolarsanguineda.blogspot.com.es/
miércoles, 5 de diciembre de 2012
Os nenos da clase tres anos coñecen a Leo
Hoxe coñecimos a nosa mascota Leo. Ensinóunos moitas cousas da nosa biblioteca: onde están colocados os libros que podemos ler os nenos de infantil, como debemos tratar os libros, como debemos comportarnos na biblioteca,...
Tamén coloreamos o noso novo amigo e aprendimos o seu nome :LEO.
Invitóunos a voltar outro día á biblioteca para aprender moitas máis cousas sobre o maravilloso mundo dos libros.
Tamén coloreamos o noso novo amigo e aprendimos o seu nome :LEO.
Invitóunos a voltar outro día á biblioteca para aprender moitas máis cousas sobre o maravilloso mundo dos libros.
viernes, 23 de noviembre de 2012
E-BOOKS NA AULA DE 6º
Hoxe foi o primer día que lemos na aula cos E-BOOKS . Empezamos por anotarnos na lista de préstamo para saber cal vai ser o noso E-BOOK para todo o curso.
A mestra explicóunos as normas de uso , así como as súas intruccións de funcionamento.
Antes de comezar a ler algún título en concreto , estivemos lendo os resumes dalgúns libros para ver cal nos convencía máis.
A mestra explicóunos as normas de uso , así como as súas intruccións de funcionamento.
Antes de comezar a ler algún título en concreto , estivemos lendo os resumes dalgúns libros para ver cal nos convencía máis.
martes, 20 de noviembre de 2012
20 DE NOVEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO
O "día do neno" é unha xornada dedicada aos nenos, na que non só se trata de festexalos, senón tamén de promover os seus dereitos e concienciar ás persoas da importancia destes.
A súa orixe
A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente. Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta. En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente. Aquí tedes un enlace cunha recompilación de actividades, libros, cancións , vídeos de interese ,etc .do C.E.I.P. Víctor Sáenz https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/
A súa orixe
A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente. Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta. En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente. Aquí tedes un enlace cunha recompilación de actividades, libros, cancións , vídeos de interese ,etc .do C.E.I.P. Víctor Sáenz https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/
viernes, 16 de noviembre de 2012
GAÑADORES DO 1º PREMIO NO CONCURSO OUFF ESCOLA
Dende a biblioteca queremos dar os nosos parabéns os alumnos de 6º do curso pasado por resultar gañadores no festival de cine internacional celebrado en Ourense entre os días 2 e 11 de Novembro.
Tedes no espacio ABALAR da Xunta unha referencia á novae e a a película
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
lunes, 29 de octubre de 2012
A biblioteca segundo o alumnado de 4º
O alumnado de 4º cóntanos que opina da nosa biblioteca con motivo do Día da Biblioteca.
Día da Biblioteca en 2º de Primaria
O alumnado de 2º celebrou o Día da Biblioteca cun conto na nosa biblioteca.
Despois de escoitar e disfrutar co conto da Bruxa Brunilda fixeron uns marabillosos debuxos. Aquí os tedes:
Despois de escoitar e disfrutar co conto da Bruxa Brunilda fixeron uns marabillosos debuxos. Aquí os tedes:
Etiquetas:
biblioteca,
Curso 2012 - 2013,
samaín
viernes, 26 de octubre de 2012
Celebramos o Día Internacional das Bibliotecas
No noso colexio unímonos o pasado día 24 á celebración do Día Internacional das Bibliotecas. Nesta ocasión presentámosvos a nosa biblioteca, sobre a que realizaron diversas actividades os alumnos e alumnas do noso centro.
martes, 16 de octubre de 2012
OUTUBRO-MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Xa estamos case no Samaín e dende a biblioteca queremos que o pasedes de medo.Tedes moitas lecturas escalofriantes no expositor da entrada e moitas novidades de lecturas na entrada.
jueves, 4 de octubre de 2012
Día Internacional da Tradución
Leo visitou o curso pasado moitos países, e aprendeu gran cantidade de linguas. Agora, con motivo do Día Internacional da Tradución (celebrado o día 30 de setembro), amósanos algunhas delas e danos a benvida á biblioteca.
Etiquetas:
Curso 2012 - 2013,
Curso actual,
leo,
tradución
jueves, 13 de septiembre de 2012
domingo, 17 de junio de 2012
Recomendacións para o verán
O verán é un excelente momento para que os nenos lean o que máis lles gusta, para aprender cousas novas e divertirse.
Como pai ou nai, hai varias cousas que pode facer para incentivar o seu fillo a ler e fortalecer as súas destrezas de escritura durante as vacacións
Unha lista de consellos de lectura de verán poderían ser:
Ter distintos tipos de materiais de lectura na casa (como periódicos, revistas, folletos, etc.) Elementos divertidos, por exemplo, xogos de palabras, crucigramas,… ,
Combatir o aburrimento cos libros .Buscar libros que sexan interesantes. Estos poden ser libros de ficción, libros de feitos divertidos, libros sobre manualidades, libros para facer proxectos , libros de cociña ,…
Ler en voz alta todos os días
Incentivar os seus fillos a aprender palabras novas
Escribir cada día .Ter a man materiais para escribir como papeis , ceras, etc, para que practique a escritura. Escribir cartas, postais a amigos ou familiares durante o verán, escribir un diario , redactar contos, poemas,…
Visitar a biblioteca pública e buscar programas de lecturas axeitados.
A bruxa regañadentes
Autora:Tina Meroto. Ilustrador:
Mauricio A.C. Ed. OQO
Había unha vez tres irmáns que
pasaban o día brincando dun
lado para outro. A súa nai dicíalles
que non fosen ao bosque
porque nel vivía unha bruxa
con dentes de ferro...
Editorial Galaxia
Libro+CD+DVD karaoke
Mamácabre e Gloria Sánchez
Cun hermosos traballo de
cancións nun conto encadeado
E ti que farías por min?.
Marqués e Malta viven na rúa e teñen que bus-car o sustento...
Ed. Xerais
Autor:Fran Alonso
Edicións Xerais
O libro vai acompañado
dun CD.
Poesía divertida
Antonio Yáñez Casal
Il: Rodrigo Chao
Ed: Xerais. Merlín
Colección “PREGUNTA Á Dra. PETEIRO”
sobre os ani-mais, o Planeta terra, o tempo, os bichiños…
AUTORA: Jacobo Fernández Serrano
EDITORIAL: Xerais
Serafina, filla dun ladrón de bicicletas, vive
coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila
mariñeira. A súa máxima aspiración é ser
equilibrista nun circo con Celerífera, a
bicicleta coa que consegue abraiar aos dem
Colección Os Megatoxos
Anxo FariñaEd: A Nosa Terra
Edit.Nivola
Blanco Laserna, David:
O relato móvese no espazo da fantasía e o surrealismo, entre o mundo de dentro e o mun-do de fóra do mar. Ed. Xerais
Suscribirse a:
Entradas (Atom)