Dende a biblioteca do centro convócase un concurso de mascota para a biblioteca.
As bases do concurso serán as que seguintes: · Poderán participar todos os/as nenos/as do colexio, tanto de infantil coma de primaria. · O debuxo da mascota deberá ser orixinal · Os traballos deberán ser feitos nunha folla tamaño A4 ( folio) · A personaxe poderá ser inventada ou relacionada con algunha lectura. · O debuxo poderá ser realizado utilizando diferentes técnicas plásticas ( rotuladores, ceras, lápices,...) . · Cada participante poderá presentar un único debuxo. Todos serán expostos no colexio · Acompañando o debuxo deberá aparecer o nome da mascota en galego e de xeito opcional, unha frase referida á lectura coma fonte de diversión, aventura, etc. · Cada titor/a elixirá o máis axeitado do seu curso . De todos os seleccionados elixirase o gañador. · O prazo de entrega será o 16 de Outubro. A mascota gañadora será o encargada de dinamizar o funcionamento da biblioteca e, asemade, ambientará moitos dos recunchos do cole.A presentación da mascota e a entrega do premio ó/á artista gañador/a farase durante a Festa do Samaín- Halloween.
martes, 6 de octubre de 2009
Ola. Benvidos ó Blog da Bilbioteca do Colexio Mestre Valverde Mayo.