Sanguiñeda ,15 Decembro de 2009
Ola queridos nenos e nenas:
Xa estou de novo aquí! Gústame moito come decorachedes o voso colexio, todo cheo de bonecos de neve feitos de diferentes materiais , cores, tamaños,....
Aquí tedes de novo outra carta, para lembrarvos que estas vacacións de nadal leades moito .
Algúns libros de nadal que vos recomendo son: “ Kika superbruxa e o feitizo do nadal “ , “ Os Bolechas festexan o nadal”, “ Tento e mailo Nadal”, “ El pequeño vampiro y la fiesta de navidad”, El taller de juguetes de Papá Noel” ,etc.
Algún o podedes atopar na biblioteca , pero outros podedes pedilos os reis Magos .
E xa sabedes : ¡LER É DIVERTIDO: ANÍMATE!
Un saúdo e , moitos bicos, do voso amigo LEO
domingo, 20 de diciembre de 2009
domingo, 15 de noviembre de 2009
viernes, 6 de noviembre de 2009
martes, 3 de noviembre de 2009
Xoga coas historias.
Queres xogar a ser escritor ou escritora?
Le as historias dos teus compañeiros e compañeiras e atrévete a cambiar os seus finais.
Se te atreves preme neste enlace.http://centros.edu.xunta.es/ceipmestrevalverdemayo/aulas/curso0910/historiastenebrosas.htm
Poderás convertila nunha historia cómica ou nunha todavía máis terrorífica.
Queres xogar a ser escritor ou escritora?
Le as historias dos teus compañeiros e compañeiras e atrévete a cambiar os seus finais.
Se te atreves preme neste enlace.http://centros.edu.xunta.es/ceipmestrevalverdemayo/aulas/curso0910/historiastenebrosas.htm
Poderás convertila nunha historia cómica ou nunha todavía máis terrorífica.
Etiquetas:
Curso 2009-2010,
halloween,
historias,
samaín
viernes, 30 de octubre de 2009
Premio mascota
Ola a todos e todas.
E grazas a todos os que participastes na búsqueda da nosa mascota.
Os finalistas foron:

O noso gañador foi: Guille de 6º. Velaí a mascota:
E grazas a todos os que participastes na búsqueda da nosa mascota.
Os finalistas foron:

O noso gañador foi: Guille de 6º. Velaí a mascota:
Etiquetas:
Curso 2009-2010,
halloween,
mascota,
samaín
jueves, 8 de octubre de 2009
Concurso Mascota para a Biblioteca
Dende a biblioteca do centro convócase un concurso de mascota para a biblioteca.
- As bases do concurso serán as que seguintes:
· Poderán participar todos os/as nenos/as do colexio, tanto de infantil coma de primaria.
· O debuxo da mascota deberá ser orixinal
· Os traballos deberán ser feitos nunha folla tamaño A4 ( folio)
· A personaxe poderá ser inventada ou relacionada con algunha lectura.
· O debuxo poderá ser realizado utilizando diferentes técnicas plásticas ( rotuladores, ceras, lápices,...) .
· Cada participante poderá presentar un único debuxo. Todos serán expostos no colexio
· Acompañando o debuxo deberá aparecer o nome da mascota en galego e de xeito opcional, unha frase referida á lectura coma fonte de diversión, aventura, etc.
· Cada titor/a elixirá o máis axeitado do seu curso . De todos os seleccionados elixirase o gañador.
· O prazo de entrega será o 16 de Outubro.
A mascota gañadora será o encargada de dinamizar o funcionamento da biblioteca e, asemade, ambientará moitos dos recunchos do cole.A presentación da mascota e a entrega do premio ó/á artista gañador/a farase durante a Festa do Samaín- Halloween.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)