BIBLIOBLOG DO COLE
Blog da biblioteca do CEIP Mestre Valverde Mayo
lunes, 21 de diciembre de 2020
viernes, 25 de septiembre de 2020
COMEZAMOS CURSO
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE A APERTURA DA BIBLIOTECA
Este protocolo ten a súa orixe na necesidade de actuación e planificación con anterioridade suficiente para a próxima reapertura da nosa biblioteca. Está baseado e xustificado no punto 18 do protocolo de adaptación ao contexto COVID 19 , publicado pola Consellería de Educación onde fai alusión o uso da biblioteca escolar e terá en conta as recomendacións da asesoría de bibliotecas escolares abertas.
Como norma xeral, aplícanse na biblioteca escolar as restantes normas de uso e funcionamento das aulas ordinarias.
Co obxectivo de facilitar a realización de dito protocolo, o equipo de biblioteca reúne neste documento os principais puntos a ter en conta.
PUNTOS A TER EN CONTA NO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE A APERTURA DA BIBLIOTECA
1 1.-PREPARAR AS INSTALACIÓNS PARA A SÚA REAPERTURA.
· Asegurarnos que toda a biblioteca está desinfectada (aula, mobiliario, equipos de traballo e coleccións) seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e administrativas competentes.
· Para minimizar o contacto entre as persoas usuarias debe modificarse, na medida do posible, a disposición das mesas e organizar a circulación de persoas, co obxectivo de garantir o mantemento da distancia de seguridade .
· O conserxe será o encargado de abrila ás 9.15 e pechala as 14.15 ( evitando o contacto cos pomos e chaves a moitas persoas).
· Se estudará a conveniencia de instalar mamparas de separación na mesa do bibliotecario .
· O aforo máximo da biblioteca será do 50%.
· Dispor de xel hidroalcohólico para os usuarios, sendo obrigatoria a hixiene de mans antes do acceso á biblioteca.Procuraremos dispoñer de xel hidroalcohólico na entrada da biblioteca.
· Na mesa do bibliotecario podemos sinalizar o chan cunha liña de espera que non debe ser traspasada ata que toque a quenda.
· Contar con persoal de limpeza de xeito poidamos reforzar a desinfección das instalacións e as superficies de traballo.
· Garantir a ventilación da biblioteca entre cada sesión.
· Prestar especial coidado na desinfección de pomos, manivelas, pasamáns, mesas, teclados , ratos, cadeiras, etc.
· Habilitar un espazo na biblioteca para depositar os documentos devoltos durante alúmenos 4 horas, de xeito que se garanta a súa desinfección.
· Contar con carros ou gabetas suficientes para manipular a devolución de documentos.
2. DISPONIBILIDADE DE PERSOAL
· Saber cantos mestres formarán parte do equipo da biblioteca.
· Organizar quendas de traballo do equipo.
· Organizar o horario de uso da biblioteca por niveis, tendo en conta as recomendacións sanitarias de separación interpersoal. Dependendo do aforo da biblioteca organizar os grupos .
· Organizar os espazos de circulación.
· Establecer unhas normas de comportamento, hixiene e sanitarias entre os usuarios da biblioteca.
3. DEFINIR OS SERVIZOS
· Valorar que servizos dos prestados con anterioridade ó estado de emerxencia pódense continuar prestando sen risco para a saúde. Ver as liñas prioritarias de actuación da biblioteca escolar elaboradas para o curso 20-21
· Definir os servizos presenciais que se prestarán ( préstamo por niveis , alternativa á relixión,…)
· Valorar os servizos virtuais postos en marcha a raíz do decreto de estado de alarma.
· Determinar e definir os servizos virtuais que se manterán. Por exemplo, mantemento do Recuncho de Leo e recomendacións literarias para a radio escolar gravadas dende as aulas.
· Deseñar, si se considera oportuno e sempre que se conte cos recursos suficientes, a implementación de novos servizos tanto presenciais como virtuais..
· Realizar un protocolo dos servizos, incentivando a comunicación con todos os usuarios a través de medios físicos (carteis, folletos informativos) e medios dixitais (web do cole, blog da biblioteca do colexio e aula virtual ).
· Recompilar recursos e coleccións dixitais que permitan a lectura dixital dende casa.Elaborar un banco de lecturas on-line.
· Na medida do posible, as novas adquisicións da biblioteca se farán a provedores locais, deste xeito apoiaremos ás librerías e editoriais locais opara contribuír a reactivación económica da localidade ou comarca.
· Préstamo:
En E.I. 5 anos:
-O préstamo será realizado na aula. A coordinadora da biblioteca dotará as aulas cun baúl con fondos para realizar o préstamo e será a titora a encargada de realizalo supervisando posteriormente a súa corentena de 4 horas.
En E.P:
-O alumnado disponse na súa aula en ringleira , coa máscara posta detrás da mestra. Diríxense á biblioteca seguindo o sentido de circulación e unha vez alí, sentaranse nas cadeiras habilitadas.
-Pedirán os libros dos andeis á mestra.
-As devolucións colocaranse nas gabetas habilitadas e deberán permanecer illadas e identificadas como mínimo 4 horas. Haberá cinco gabetas, unha para cada día da semana, e o venres un membro do equipo da biblioteca será o encargado de colocar os libros do luns o mércores. O do xoves e venres aínda estará en corentena.
-Unha vez rematada a sesión, o alumnado de 3º a 6º desinfectará o seu posto ( mesa e cadeira) . En 1º e 2º será o mestre o encargado de hixienizar os postos que foran ocupados. A mesa e o PC do bibliotecario será hixienizado polo mestre.
-Ó rematar a sesión, ventilar a biblioteca polo menos durante 5 minutos.
· Libros dixitais: Soamente poderán ser utilizados por un curso : 6º de Ed.Primaria e deberán seguir as normas de uso dos lectores dixitais . Cada alumno usará sempre o mesmo lector dixital que será o número que corresponda co seu número de lista. Será o propio alumno o que porá a cargar a batería unha vez que estea esgotada. Os libros dixitais quedarán na aula na súa maleta.
· Lectura colectiva : Completar as coleccións ata o número de alumnos matriculados por nivel para asegurar a lectura individual.
4. REGULAR O AFORO DENTRO DA BIBLIOTECA
· Axustar o aforo das instalacións de xeito que se garanta a distancia de seguridade entre as persoas.A biblioteca poderá ser usada ata o 50 % do seu aforo.
· Evitar en todo momento aglomeracións na biblioteca, garantindo a distancia de seguridade de 1 ou 1,5 metros limitando o acceso da cordo ó novo aforo da biblioteca.
· Os servizos e actividades colectivas (clubs de lectura, obradoiros, contacontos, charlas, etc.) quedarán anulados.
5. DESINFECTAR MATERIAL PRESTADO
· Habilitar un espazo para ubicar os fondos devoltos, ata que poidan volver os andeis. Poderanse usar carros ou gabetas para o depósito dos materiais, sinalizando neles os días que os materiais foron devoltos á biblioteca por días da semana, para así saber a data na que poden voltar a ser usados polos usuarios.
· Deixar en corentena durante, alo menos,4 horas todos os fondos devoltos á biblioteca. Aplicar produtos desinfectantes non é recomendable xa que, corremos o risco de danar os documentos.
6. COMUNICAR E PUBLICAR.
· A información na biblioteca a través de carteis e incluso folletos sobre medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos servizos bibliotecarios, debe ser clara e estará exposta na entrada da biblioteca.
· Para a comunicación externa utilizaremos: a páxina web do colexio, o blog da biblioteca e a aula virtual. Aspectos a ter en conta :
· Garantía de seguridade espazo limpo de Covid 19.
· Apertura das instalacións
· Normas de uso
· Aforo
· Servizos
Equipo de biblioteca escolar
lunes, 17 de febrero de 2020
Contacontos : O coidado da auga
jueves, 13 de febrero de 2020
lunes, 10 de febrero de 2020
XOGAMOS POLO ENTROIDO
http://chiscos.net/f1/entroidocolaborativo/entroidocolaborativo.html
viernes, 24 de enero de 2020
DÍA DA PAZ- 30 DE XANEIRO
http://actividadeslim.blogspot.com/2010/01/paz.html
Vídeos de paz:
Uxía Lambona e a banda molona. De festa
https://www.youtube.com/watch?v=jU5iPiBMys4
Juanes ,paz,paz ,paz
https://www.youtube.com/watch?v=CT3ti7EQmOM
Cociñemos unha receta de paz
https://www.youtube.com/watch?v=iY5ZSQPclco
Charla sobre reciclaxe.
O alumnado estivo moi participativo e comprometido co tema compartindo co ponente a súa contribución ó coidado do medio ambiente ca patrulla canina de limpeza durante os recros.
lunes, 13 de enero de 2020
GAÑADORES DO CONCURSO : CALCETÍNS DE NADAL
Aitana Carballeira ( 3ºA).
Maia Pérez (3ºB).
Mario Chamorro ( 3ºA).
Noraboa gañadores/as!
lunes, 9 de diciembre de 2019
XOGAMOS POLO NADAL
Decora o teu abeto de Nadal.
http://www.dibujosparapintar.com/juegos_educativos_ventana.html?doc=archivos/juegos_ed_navidad_abeto_interactivo.swf?800x600
Memoria de Nadal.
https://arbolabc.com/juegos-de-navidad/memoria-navidad
Deseña o teu boneco de neve
http://servicios.educarm.es/templates/portal/ficheros/websDinamicas/91/3173.swf
Colorea o Polo Norte
https://arbolabc.com/juegos-de-navidad/polo-norte
Nadal divertido .
https://www.vedoque.com/juegos/navidad-divertida.html
Escena de Nadal
http://servicios.educarm.es/templates/portal/ficheros/websDinamicas/91/3181.swf
viernes, 22 de noviembre de 2019
CHARLA SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO
CLASIFICACIÓN DO TORNEO DO LIMCE
RECREO DO LUNS 25
Grupo 2-Grupo 4
RECREO DO XOVES 28
Grupo 6-Grupo 8
RECREO DO VENRES 29
Grupo 10-Grupo 14
lunes, 18 de noviembre de 2019
TORNEO LIMCE
Os finalistas de hoxe que pasan a seguinte fase son: GRUPO 2 e GRUPO 4.
Mañá xogarán os grupos 5, 6, 7 e 8
Vémonos!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/festas/magosto2019/videos/xornada.html
miércoles, 9 de octubre de 2019
BENVIDA CURSO
O martes 1 de Outubro fixemos a apertura da nosa biblioteca . Xa podedes visitarnos nos recreos e acudir a nosa bibliotenda os mércores de cada mes.
Os nosos axudantes estarán alí para atendervos.
Vémonos!
jueves, 2 de mayo de 2019
SEMANA DO LIBRO
- Contacontos con Celtia Figueiras
martes, 23 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
jueves, 28 de marzo de 2019
VISITA ÁNXO FARIÑA
Fixemoslle unha entrevista na nosa radio escolar e despois, puidemos compartir con el ideas interesantes sobre o seu libro.Se queredes escoitar o programa de radio podedes premer no enlace ou visitar o blog da radio:http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/audioradio/20182019/programasradio.htm
PROXECTO: MULTICINES MESTRE VALVERDE MAYO
miércoles, 13 de marzo de 2019
miércoles, 13 de febrero de 2019
lunes, 4 de febrero de 2019
CLUB LECTOR
CONTACONTOS EN LINGUAXE DE SIGNOS
lunes, 3 de diciembre de 2018
EXPOSICIÓN " O MUNDO MÁXICO DE ANTÓN"
Tedes na entrada do cole unha exposición de cadros titulada: " O mundo máxico de Antón" que estará disponible durante toda a semana.
Se queredes coñecer máis sobre a vida deste neno podedes ver o seguinte vídeo:
https://drive.google.com/file/d/1RiEXu8k6GF81VtyAzGcfhSX73xhlZbrG/view
Tamén tedes a vosa disposición libros mercados polo centro que fomentan a nosa Biblioteca inclusiva.
lunes, 19 de noviembre de 2018
Xornada de portas abertas
O Martes 13 de Novembro , coincidindo cá festa do Magosto, festexamos a Xornada de portas abertas . As familias puideron coñecer distintas dependencias do colexio entre elas a nosa Biblioteca.
Despois da xornada disfrutamos dunha castañada preparada pola ANPA acompañada de chocolatada e animación musical.
Se queredes ver as imaxes e vídeo tes que premer no apartado de festas do colexio.
miércoles, 24 de octubre de 2018
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para festexar o día imos regalar marcapáxinas os primeiros nenos que acudan a nosa bibliotenda no tempo de recreo.